- Cargando las noticias de última hora...
Catro persoas resultan feridas nunha colisión entre dous coches en Ames
Publicada: 22/02/2021
Email Facebook Twitter Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo
Tempo de lectura: 1 minuto e 32 segundos.
Unha colisión entre dous turismos ocorrida esta tarde en Ames saldouse con catro persoas feridas, das cales dúas tiveron que ser trasladadas a un centro médico. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia polos axentes da Garda Civil de Tráfico, o sinistro produciuse na AC-544, no punto quilométrico 2, á altura de Caroubáns.
O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos ao fío das 16:45 horas, a través do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e, decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 pasaron o aviso á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil da localidade, ao GES de Brión e aos Bombeiros de Santiago de Compostela.
Ademais, desde Emerxencias 112 solicitouse a intervención do servizo de mantemento da estrada, co fin de recuperar as condicións de seguridade na vía, debido a que o impacto dos dous vehículos produciu unha mancha de combustible na calzada.
Info-AXEGA 112
Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:
Pódeche interesar...
Alberto Romar “Na Encrucillada”
O presidente da asociación de empresarios de Santa Comba, Alberto Romar Landeira, participará este mércores 24 de febreiro no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas, a partir das 11,30. Será a primeira int…
Ler máisDesbordamento do Río Anllóns
O Grupo de Apoio Loxístico da AXEGA desprazouse a Ponteceso para achicar auga debido ao desbordamento do río Anllóns. O Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da AXEGA desprazouse este mediodía ata Ponteceso cunha bomba…
Ler máisDous mozos foron rescatados en Arteixo ao quedar illados pola suba da marea mentres pescaban
INFO AXEGA 112- Ocorreu preto das oito da tarde de onte en Arteixo, concretamente na Praia de Area Grande. Alí acudiron os Bombeiros de Arteixo, así como os efectivos do servizo local de Protección Civil para axuda…
Ler máis