9.5 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Dous mozos foron rescatados en Arteixo ao quedar illados pola suba da marea mentres pescaban

INFO AXEGA 112-

Ocorreu preto das oito da tarde de onte en Arteixo, concretamente na Praia de Area Grande. Alí acudiron os Bombeiros de Arteixo, así como os efectivos do servizo local de Protección Civil para axudar aos mozos na súa volta a terra firme.Foron os propios afectados quen chamaron ao 112 Galicia para informar da súa situación. Segundo explicaron, o aumento do nivel da auga deixounos illados nunha zona de rochas sen posibilidade de volver, polos seus propios medios, a terra firme.

Así, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia puxo en marcha un operativo coordinado por Salvamento Marítimo, que poñía a disposición o helicóptero de rescate. Sen embargo, as persoas estaban en bo estado de saúde e, tras unha valoración in situ da situación, os axentes da Policía Local, así como o equipo do servizo local de Protección Civil observaron opcións de rescate por terra.

Deste xeito, en colaboración cos Bombeiros de Arteixo, iniciaron un proceso para sacar aos mozos das rochas con bo resultado. Os mozos volveron a terra e descartaron a atención sanitaria.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos