- Cargando las noticias de última hora...
Un accidente con tres vehículos implicados deixa unha persoa ferida en Santa Comba
Publicada: 13/02/2021
Email Facebook Twitter Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo
Tempo de lectura: 1 minuto e 33 segundos.
Info-AXEGA 112
Unha persoa resultou ferida na tarde de onte no concello coruñés de Santa Comba a causa dun accidente con tres turismos implicados.Ocorreu ao fío das 19:30 horas cando os vehículos circulaban pola DP-2904, á altura do punto quilométrico 14, ao seu paso pola parroquia de Castriz.
A esa hora, o ocupante dun dos turismos sinistrados chamou ao 112 Galicia para informar da colisión e solicitar a presenza de medios de intervención que puidesen restablecer as condicións de seguridade na vía.
Así, desde o 112 púxose a situación en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos axentes da Garda Civil de Tráfico, dos efectivos de Protección Civil da localidade e do servizo de mantemento das estradas.
Unha vez no lugar, os sanitarios confirmaron aos xestores do 112 Galicia que unha persoa foi evacuada ao Hospital Rosaleda.
Desde o 112 pasouse aviso tamén aos Bombeiros de Santa Comba por se fose necesaria a súa colaboración.
Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:
Pódeche interesar...
Evacuadas dúas persoas en Muros por intoxicación
Info AXEGA 112- A mala combustión dun quentador de auga puido ser a causa da intoxicación de dúas persoas en Muros A acumulación de monóxido de carbono no interior dun domicilio obrigou a evacuar a dúas persoa…
Ler máisAlberto Romar “Na Encrucillada”
O presidente da asociación de empresarios de Santa Comba, Alberto Romar Landeira, participará este mércores 24 de febreiro no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas, a partir das 11,30. Será a primeira int…
Ler máisCatro persoas resultan feridas nunha colisión entre dous coches en Ames
Unha colisión entre dous turismos ocorrida esta tarde en Ames saldouse con catro persoas feridas, das cales dúas tiveron que ser trasladadas a un centro médico. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia polos axente…
Ler máis