- Cargando las noticias de última hora...
Evacuada unha persoa en helicóptero despois de sufrir unha saída de vía en Cerceda
Publicada: 05/01/2021
Tempo de lectura: 1 minuto e 48 segundos.
AXEGA 112-
Unha persoa resultou ferida -e necesitou a axuda dos servizos de emerxencia para abandonar o vehículo- despois de saírse da vía e caer por un desnivel cando circulaba pola DP-2104, ao seu paso pola parroquia das Encrobas, no termo municipal coruñés de Cerceda.
Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o sinistro tivo lugar moi preto das doce horas na estrada que una as localidades de Meirama e Encobras. Debido á gravidade das lesións provocadas polo impacto, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizaron ata o punto ao helicóptero medicalizado con base en Santiago.
Foron os membros de Protección Civil de Cerceda os que puxeron os feitos en coñecemento do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia. Deste xeito, para prestar apoio ao equipo médico e garantir as condicións de seguridade na vía, o persoal do 112 Galicia pasou aviso de inmediato aos Bombeiros de Ordes e aos axentes da Garda Civil de Tráfico.Unha vez rematadas as labores de excarceración, a persoa ferida foi encamiñada ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña a bordo da aeronave médica.
Pódeche interesar...
Con Manuel Villar “Na Encrucillada” este martes 20 de abril
Este martes en el programa “Na Encrucillada” continúan con el desfile de personas relacionadas con la pasión por las aves. A partir de las 11,20 el protagonista será el presidente de la Federación Ornitológica R…
Ler máisUn operario caeu dunha altura en Dumbría
Informa AXEGA 112. En Dumbría, un operario resultou ferido ao caer dunha altura duns tres metros desde o alto dunha construción.Os feitos sucederon preto das seis menos cuarto desta tarde nunha casa no lugar de Buxá…
Ler máisConcesión de caudal en San Xoán de Grixoa
Augas de Galicia dio cuenta este lunes 19 de abril, de la resolución de concesión de un caudal de agua a la comunidad de usuarios Aguagrix, en la parroquia de San Xoán de Grixoa, en Santa Comba. Se otorga una conc…
Ler máis