- Cargando las noticias de última hora...
37 denuncias no concello da Laracha por incumprimento das medidas sanitarias
Publicada: 24/11/2020
Email Facebook Twitter Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo
Tempo de lectura: 2 minutos e 4 segundos.
Na media noite do pasado sábado entraron en vigor no Concello da Laracha as medidas de prevención específicas establecidas polas autoridades sanitarias e dirixidas a evitar a expansión do coronavirus ante o incremento no número de contaxios rexistrados no termo municipal. As principais restricións consistiron no peche perimetral coa comarca de Bergantiños (prohibindo a mobilidade das persoas, salvo por casos debidamente xustificados, nos límites cos concellos de Arteixo, Cerceda e Culleredo), a limitación das agrupacións exclusivamente a persoas convivintes e o peche da hostalería.
A Policía Local da Laracha intensificou o seu labor de control das medidas vixentes, especialmente durante o sábado e o domingo, e tramitou na pasada semana un total de trinta e sete denuncias. Os principais incumprimentos detectados consistiron en saltarse o peche perimetral, atoparse en espazos públicos sen empregar a máscara, fumar na vía pública sen respectar a distancia de seguridade e as xuntanzas de persoas non convivintes.
Ademais, en canto ao labor de control da circulación na rede viaria, os axentes do corpo de seguridade municipal interceptaron dous condutores que deron positivo por consumo de drogas e outros dous que superaron a taxa de alcohol permitida na proba de aire expirado. Nos catro casos, a Policía Local iniciou os preceptivos expedientes sancionadores.
Fonte-Concello da Laracha
Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:
Pódeche interesar...
Un incendio provoca desperfectos no parque eólico de Monte Tourado-Eixe
Efectivos do parque comarcal de bombeiros da Costa da Morte extinguiron un incendio declarado na sala de máquinas do parque eólico Monte Tourado-Eixe, de Naturgy, ubicado na parroquia de Serramo, no concello de Vimianz…
Ler máisFallece de forma repentina un marinero malpicán que estaba en una clínica carballesa
Rubén Alberto Rodríguez Arcay tenía 42 años y trabajaba en el sector pesquero, en una embarcación familiar, de la que era el patrón y armador. Falleció este lunes, de forma repentina, mientras esperaba en una cl…
Ler máisLa portavoz autonómica de Ciudadanos, Beatriz Pino, interviene en Radio Xallas
La portavoz de Ciudadanos en Galicia, Beatriz Pino, participará este martes 26 de enero en el programa "Na Encrucillada" de Radio Xallas.Tratará distintos asuntos de actualidad en una entrevista con Xosé Manuel Lema, …
Ler máis