13.5 C
Santa Comba
miércoles, abril 3, 2024

Unha muller foi trasladada despois de envorcar o turismo no que circulaba en Cee

Fonte-AXEGA 112

Unha muller resultou ferida a pasada tarde en Cee ao envorcar o turismo no que viaxaba. Segundo a información recollida no 112 Galicia, a muller accidentada foi trasladada ao Hospital Virxe da Xunqueira tras saír do vehículo sinistrado polos seus propios medios.

Os feitos sucederon na saída de Brens, en sentido a Buxantes, ás 18:55 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do accidente.Acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, de Protección Civil, dos Bombeiros de Cee e da Garda Civil de Tráfico.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos