9.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

José Iglesias, o varón máis lonxevo da Laracha cumpre 101 anos

José Iglesias Fraga, veciño do lugar de Portodoso, na parroquia de Soandres, cumpriu o luns os 101 anos de idade. É unha das catro persoas con máis dun século de vida residentes no termo municipal da Laracha e o único varón centenario, xa que as outras tres son mulleres.

José vive coa súa esposa Dorinda Fraga -de 96 anos de idade e coa que fixo 75 anos de matrimonio no pasado mes de xaneiro-, o seu irmán Nemesio, a súa filla Mari Carmen e o seu xenro Pepe. Residen na mesma vivenda na que naceu José hai 101 anos e na que tamén nacera a súa nai.

José, que se dedicou toda a vida á agricultura e que se atopa nun bo estado de saúde, ten tres fillos (os outros dous son María e Jesús) sete netos e dous bisnetos, cos que non puido festexar o aniversario debido ás medidas en vigor sobre a limitación dos grupos de persoas e restrición da mobilidade.O alcalde, en nome da Corporación municipal, agasallouno cunha placa conmemorativa e un ramo de flores.

FOTO: Sentados, José Iglesias a súa muller Dorinda. De pé, xunto a Mari Carmen – unha das fillas do matrimonio-, José Manuel López Varela, alcalde da Laracha, e D. Manuel Mallo, cura da parroquia de Soandres.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos