5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Arde un galpón ao carón dunha nave en Arteixo

Info-AXEGA112 O galpón almacenaba material inutilizable e non houbo que lamentar danos persoais.

Sobre as 23:15 horas da pasada noite, un dos vixiantes da fábrica solicitaba ao 112 Galicia a saída dos Bombeiros. Indicaba que ardía unha zona de cartóns no interior do recinto dunha fábrica situada no Polígono de Sabón, en Arteixo. Aseguraba, ao mesmo tempo, que non había persoas feridas.

De inmediato, desde o 112 Galicia alertouse aos Bombeiros de Arteixo, que saíron axiña cara o punto. Do mesmo xeito, foron informados os axentes da Garda Civil, da Policía Local e os efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade e, por precaución, tamén se puxo a situación en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por se nalgún momento fose precisa a súa intervención. Igualmente, os xestores do 112 Galicia informaron da situación ao persoal de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Nada mais chegar ao punto, os profesionais de extinción localizaron os focos e, tras apagar o lume, confirmaron que se tratou dun incendio nunha especie de galpón de chapa situado xunto a nave, con distinto material inservible e almacenado no seu interior.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos