9.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Liberan a unha muller á que lle quedou atrapada unha man nunha máquina de esfollar plantas en Zas

Os Bombeiros de Santa Comba acudiron ao lugar de Cerne, no termo municipal coruñés de Zas, co fin de liberar a unha muller que rematou cunha man atrapada nunha máquina que retira as follas dunha planta.Para arredar a man do aparello agrícola, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Santa Comba utilizaron o material de excarceración. Unha vez liberada, a muller foi trasladada nunha ambulancia a un centro médico.

O 112 Galicia tivo coñecemento do ocorrido ás 16:10 horas, a través dunha persoa particular que solicitaba asistencia para a muller atrapada.Decontado, o persoal do CIAE 112 Galicia puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil, dos Bombeiros de Santa Comba e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Info-AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos