6 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Unha muller resulta ferida en Coristanco ao colidir o coche que conducía contra un tractor

Unha muller resultou ferida esta mañá na localidade de Coristanco despois de colidir o turismo que conducía contra un tractor, na estrada que enlaza esta localidade con Santa Comba, no punto quilométrico 4 da DP-2904, en Seavia.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do accidente, pasados dez minutos das 11:00, tras recibir o aviso dunha persoa particular. Ademais de solicitar asistencia sanitaria para a condutora do vehículo, aseguraba que os vehículos entorpecían a vía.

Así, con estes datos, os xestores do 112 pasaron aviso de contado ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Carballo, ao GES de Ponteceso, á Garda Civil, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil de Coristanco.

Finalmente, os servizos de emerxencias confirmaron o traslado da condutora polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia.

AXEGA 112-

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos