8.2 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

Unha colisión múltiple deixa dúas persoas feridas en A Laracha

AXEGA 112 –

Un accidente múltiple, tres turismos implicados, no concello coruñés de A Laracha, saldouse esta tarde con dúas persoas feridas.O accidente ocorreu sobre as 17:00 horas cando os vehículos circulaban pola AC-552, pola recta coñecida como de San Román.

Foi un particular quen, a esa hora, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Aseguraba, ademais, que había unha muller atrapada no interior dun dos turismos. Así, decontado, desde o 112 Galicia ademais de informar ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, solicitou a colaboración dos Bombeiros de Carballo, que axiña se desprazaron ao punto. Do mesmo xeito, foron informados os axentes de Tráfico, da Policía Local e os efectivos de Protección Civil.

Unha vez no lugar, os servizos de emerxencias alí desprazados descartaron o uso do material de excarceración, a muller non estaba atrapada polos ferros senón que as portas do vehículo non abrían.Finalmente, os xestores do 112 tras contactar coa implicada, ela mesma asegurou que conseguira saír do vehículo polo parte do condutor do vehículo.

Os axentes da Policía Local confirmaron o traslado dun dos feridos polo persoal sanitario e a outra persoa que resultou ferida desprazouse polos seus propios medios ata un centro hospitalario.Tamén foi precisa a intervención do persoal do servizo de mantemento da estrada, que se encargou da limpeza da vía.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos