5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Un home caeu nas rochas mentres pescaba en Laxe

AXEGA112-

Unha persoa foi rescatada esta mañá despois de caer a unhas rochas mentres pescaba no lugar coñecido como Cruz do Cabalo, fronte á Praia de Laxe.

Un helicóptero de Salvamento Marítimo evacuou ao ferido ao Aeroporto da Coruña, onde agarda unha ambulancia para o seu traslado ao Complexo Hospitalario da Coruña (CHUAC).

Todo ocorreu ás 11:30 horas desta mañá, cando o home estaba pescando con outras persoas, quen chamaron aos servizos de emerxencias para pedir axuda. Así, o 112 Galicia recibiu a información a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para poder coordinar o rescate nunha zona de difícil acceso.

Deste xeito, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou a intervención de Salvamento Marítimo, que enviou á zona unha dotación a bordo do Helimer. Foi este equipo quen sacou ao pescador das rochas e o trasladou ao Aeroporto da Coruña, onde o recollerá unha ambulancia de Urxencias Sanitarias.

Cómpre salientar que no rescate tamén participou un grupo da Cruz Vermella a bordo dunha embarcación e dotacións da Garda Civil e da Policía Local.

Desde o 112 Galicia pediuse, ademais, a colaboración dos Bombeiros de Cee e dos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos