10.9 C
Santa Comba
martes, abril 2, 2024

Un mozo resulta ferido en Santiago despois de envorcar co seu vehículo tras precipitarse por un barranco

Fonte-AXEGA 112

Un mozo resultou ferido despois de envorcar co seu turismo ao precipitarse por un terraplén.

Ata o lugar acudiron os Bombeiros de Santiago, que aínda que non tiveron que facer uso do material de excarceración, si foi precisa a súa intervención para sacar á persoa do interior do vehículo.

Todo sucedeu sobre as 02:30 horas desta madrugada. Foi a esa hora cando un particular chamou ao 112 Galicia para alertar do suceso. Indicaba que acababa de atopar un coche envorcado cunha persoa no seu interior, na pista da Cruxeira, moi preto do Eroski de Montouto, en Santiago.

De inmediato, desde o 112 Galicia pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Santiago e de Ordes, aos membros do GES da Estrada, aos axentes de Tráfico, da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil de Teo.

Unha vez no punto e tras confirmar que o ferido non estaba atrapado, os Bombeiros de Santiago e os efectivos dos servizos de emerxencia procederon ao rescate da persoa, que segundo indicaron, o vehículo se precipitara por un terraplén duns 15 metros.

Finalmente, unha ambulancia do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladou ao paciente ao centro hospitalario de referencia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos