9.8 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Ferido de consideración tras chocar co seu vehículo contra un muro despois de saírse da vía en Teo

INFO-AXEGA112

Os servizos sanitarios evacuaron a un condutor que resultou ferido de consideración ao saírse da vía e chocar contra un muro na estrada que une Casalonga e Bertamiráns, en Calo, no concello coruñés de Teo.O 112 Galicia tivo constancia do suceso, sobre as 22:15 horas da pasada noite, grazas á chamada dun particular. No seu relato indicaba que unha persoa podía estar atrapada no interior dun vehículo que se saíra da vía.

De inmediato, os xestores do 112 Galicia pasaron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviaron unha UVI móbil ao lugar. Tamén, deron conta dos feitos aos Bombeiros de Ordes e de Santiago, á Garda Civil de Tráfico, ao GES da Estrada e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Malia que os Bombeiros de Ordes comunicaron a súa saída nada mais ser alertados, finalmente, descartouse a súa intervención, posto que a persoa puido saír polos seu propios medios do interior do turismo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos