6.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Rescatados os catro tripulantes dunha embarcación de recreo afundida en Porto do Son

Informa-AXEGA 112

Unha embarcación próxima á accidentada trasladou aos catro tripulantes ata o Porto de Porto do Son. Dous dos tripulantes, con síntomas de hipotermia, tiveron que ser atendidos polos servizos sanitarios á súa chegada.Todo sucedía ao fío das 10:30 horas desta mañá, cando un particular poñía en alerta ao 112 Galicia. Indicaba que acababa de rescatar a catro persoas, que navegaban nunha lancha que afundira.

Con estes datos, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia informouse a Salvamento Marítimo e ao persoal do Servizo de Gardacostas de Galicia. Tamén foron avisados os axentes da Garda Civil e de Protección Civil da localidade.Finalmente, os dous tripulantes foron trasladados en ambulancia ata o Hospital do Barbanza.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos