O único tripulante dun barco resultou ileso despois de que se declarase un incendio na embarcación coa que navegaba en Camariñas, concretamente en Faro Villano.Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o mariñeiro puido chegar a terra a nado e non precisou asistencia sanitaria.Unha persoa particular alertou dos feitos ao 112 Galicia ás 6:20 horas.
A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento do Servizo de Gardacostas de Galicia e de Salvamento Marítimo, que mobilizou un helicóptero e unha embarcación de rescate. Tamén, os xestores do CIAE 112 Galicia informaron do ocorrido a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e á Garda Civil.Segundo puido saber o 112 Galicia, o barco incendio foi remolcado ao porto de Camariñas.
INFORMACIÓN- AXEGA 112