O Partido Socialista de Santa Comba enviou unha «mensaxe de tranquilidade ao ter a información oficial de que os casos confirmados no noso concello non superan ás 20 persoas».
Desde o PSOE confirman que os concelleiros deste grupo «estamos en riguroso confinamento dende o pasado venres 13» e animan á veciñanza «a seguir quedando tamén na casa, polo ben de todas e todos».
Tamén divulgan o número de teléfono do seu portavoz José Antonio Ucha Velo – 606.81.77.47- «para o que precisedes. E un correo electrónico socialistasantacomba@gmail.com