- Cargando las noticias de última hora...
Confirmados 18 casos de coronavirus en Galicia
Publicada: 09/03/2020
Tempo de lectura: 2 minutos e 36 segundos.
Información Xunta de Galicia-
Galicia rexistra cinco novos casos positivos de infección por coronavirus confirmados polo Centro Nacional de Microbioloxía. Con estes, son xa un total de 18 os casos confirmados na nosa comunidade, trece na área da Coruña, catro na área de Vigo e un na área de Ourense.
Galicia mantén dende o primeiro momento unha vixiancia permanente a través da rede hospitalaria, atención primaria e 061 para detectar posibles casos e intervir inmediatamente na contención do coronavirus.
O total dos cinco novos casos están na área da Coruña. Catro deles manteñen vínculo epidemiolóxico e están relacionados co centro cívico de Feáns. A Consellería de Sanidade recomendou hoxe ao Concello da Coruña que proceda ao seu peche preventivo. A Direccion Xeral de Saúde, seguindo os protocolos acordados co Ministerio de Sanidade, mantén aberta a investigación de contactos para previr novos contaxios.
Ademáis confirmouse outro novo caso importado nesta área.
Recomendacións sanitarias
Dende o Sergas lémbrase que a Consellería de Sanidade ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116 para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número, pódense resolver todas as dúbidas dos cidadáns ao respecto.
No caso de persoas procedentes dunha viaxe ou que estivesen en contacto con persoas que veñan dunha área de risco e presente síntomas (tos, febre ou dificultade respiratoria), recoméndase que non acuda directamente ao hospital nin ao centro de saúde senón que contacte telefónicamente co 061.
Pódeche interesar...
Excarceladas dos personas tras un accidente en Arteixo
Informa AXEGA 112- Dos conductores necesitaron ser excarcelados de los vehículos que se vieron implicados en un choque, ayer, en el ayuntamiento coruñés de Arteixo.Fue pocos minutos después de las diez de la noche…
Ler máisAccidente cunha persoa ferida nas Paxareiras
Informa-AXEGA112 A pasada tarde, tamén foi trasladada outra persoa, desde o concello de Muros, debido a un accidente entre dous vehículos na estrada das Paxareiras.Foi ás 20:30 horas cando o 112 Galicia recibiu a c…
Ler máisUnha persoa ferida nun accidente en Cerqueda-Malpica
Informa-AXEGA 112 Unha persoa resultou ferida tras saírse da vía no coche que conducía, no concello coruñés de Malpica de Bergantiños.Pasadas as dez e media da noite, o 112 Galicia tivo aviso dun accidente de tr…
Ler máis