9.8 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Trasladados en Arteixo tres adultos e unha nena por mor da fuga gas nunha bombona nun local

AXEGA-122

Un total de catro persoas, tres adultos e unha nena, foron evacuados esta medianoite polos servizos sanitarios de urxencia ao Complexo Hospital Universitario e ao Hospital Teresa Herrera da Coruña, por inhalación de gas procedente dunha bombona.

Segundo indicaron os Bombeiros de Arteixo ao 112 Galicia, todo parece indicar, que a fuga do gas proveu dunha bombona de gas situada no baixo da edificación, situada na Avenida de Caión, en Arteixo. Ademais, por seguridade, oito vivendas foron desaloxadas mentres duraron as labores de comprobación.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia foi informado do suceso, preto das 00:30 horas, polos servizos sanitarios de urxencia, quen mobilizaba a un equipo de profesionais para atender aos ocupantes da vivenda afectada.

Foi a partir de aí, cando desde o 112 Galicia se alertou aos Bombeiros da cidade, que decontado, se desprazaron ao lugar. Tamén, se solicitou a colaboración dos axentes da Garda Civil e Policía Local e do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade. Do mesmo xeito, informouse ao persoal da empresa subministradora.

Unha vez rematadas as comprobación e a desconexión da bombona afectada polos Bombeiros, os veciños puideron regresar as súas vivendas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos