5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Preto de dous milleiros de incidencias ao longo do paso da borrasca Fabien

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia vén de rexistrar preto de dous milleiros de incidencias, un total de 1837, ao longo do paso da borrasca Fabien pola nosa comunidade, isto é, desde as 00:00 horas do sábado ata as 18:00 horas de hoxe.

Por provincias, a máis afectada foi A Coruña, onde se alcanzaron as 717 incidencias. Pontevedra sumou 432, seguida de Lugo con 420 e Ourense con 265 incidencias contabilizadas. A caída de árbores nas vías de circulación (993), as accións de prevención de risco (330), cables de luz e teléfono nas estradas (133) e derrubamentos (72) foron as incidencias que máis se repetiron.

En canto aos concellos, destaca o de A Coruña con 62 incidencias, Oleiros con 23 e Santiago e Carballo con 37, respectivamente. Na provincia de Pontevedra, Lalín alcanzou as 50 incidencias, A Estrada sumou 44, Ponteareas 24 e Pontevedra 20. No concello de Lugo e no de Viveiro alcanzáronse as 24 incidencias e en Chantada e Vilalba rexistráronse 20 en cada un deles. Por último, na provincia de Ourense, O Carballiño sumou 19 incidencias, Celanova 13 e Ribadavia 8.

INFO-AXEGA112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos