10.9 C
Santa Comba
viernes, abril 12, 2024

Dous feridos nun accidente en Baio

Por outra banda, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, ás 11:30 horas tamén desta mañá, era informado dun accidente no concello coruñés de Zas e no cal outras dúas persoas resultaron feridas.

Tratouse dun choque entre dous vehículos que circulan pola AC-430, á altura de Baio. Tras recibir a chamada dun alertante, que aseguraba que había persoas feridas, o 112 Galicia avisou decontado ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e á Garda Civil de Tráfico. Tamén se solicitou a colaboración dos axentes da Policía Local, de Protección Civil e a do persoal do servizo de mantemento da estrada.

Os condutores de cada un dos vehículos sinistrados foron evacuados polos servizos sanitarios ata o centro hospitalario de referencia.

Fonte-AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos