10.2 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Embarranca un petroleiro sen carga na Ría de Ares

Un petroleiro que navegaba sen carga encallou a pasada noite nunha zona rochosa da Ría de Ares, sen que ningún membro da tripulación resultase ferido.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 00:35 horas a través de Salvamento Marítimo, que desprazou ata a zona un helicóptero e varios remolcadores, que avaliaron a zona e valoraron o remolque do barco.

Nada máis recibir o aviso, desde o CIAE 112 Galicia informouse do ocorrido á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ares e a Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Está previsto que, durante esta mañá, os servizos de emerxencia regresen á zona onde encallou o petroleiro para intentar remolcalo. Por outra banda, os tripulantes continúan a bordo do barco e en bo estado.

Información AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos