13.5 C
Santa Comba
miércoles, abril 3, 2024

Incendio nun alpendre na Laracha

No concello da Laracha, un incendio nun alpendre puxo en alerta aos servizos de emerxencia. Tampouco houbo que lamentar danos persoais.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos tras recibir a chamada dun particular ás 00:30 horas desta madrugada. Segundo a información facilitada polo alertante, ardía un pendello no lugar de Raxido que almacenaba un depósito de combustible.

De inmediato, desde o 112 solicitouse a intervención dos Bombeiros de Bergantiños que, ao rematar as labores de extinción, confirmaron que os materiais combustibles non se viran afectados. Finalmente, unicamente arderon distintos obxectos que se almacenaban no seu interior.

Ademais dos membros do Servizo de Extinción Prevención de Incendios e Salvamento, por precaución, os profesionais sanitarios tamén foron alertados polos xestores do 112 Galicia, así como os axentes da Garda Civil e voluntarios de Protección Civil da localidade.

Fonte AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos