7.5 C
Santa Comba
domingo, marzo 24, 2024

Falece unha muller ao caer ao interior dun pozo na Laracha

Unha muller perdeu a vida esta tarde despois de caer ao interior dun pozo no termo municipal coruñés da Laracha. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, os Bombeiros de Bergantiños recuperaron do interior do pozo o corpo sen vida da muller precipitada.

Os feitos ocorreron no lugar do Feal, ao fío das 15:30 horas. Nese momento, unha persoa particular alertaba ao 112 Galicia do sucedido.

Nada máis ter constancia do suceso, os axentes do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia requiriron a intervención dos membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Bergantiños, da Policía Local, dos axentes da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil da Laracha.A pesar dos esforzos por salvarlle a vida, os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.

Fonte-AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos