5.4 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Falece un operario ao quedar sepultado por un muro de pedra mentres restauraba unha casa en Padrón

Un traballador perdeu a vida esta tarde en Padrón mentres realizaba tarefas de restauración nunha vivenda ao caerlle encima un muro de pedra.Os feitos sucederon no lugar do Areal, na parroquia de Cruces, ao fío das 16:20 horas.

Nada máis recibir a alerta do ocorrido a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os axentes do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento do GES e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Padrón, dos Bombeiros de Boiro, da Garda Civil e da Policía Local.

Unha vez no lugar do accidente laboral, os servizos de emerxencia liberaron ao operario atrapado e, malia os esforzos por salvarlle a vida, os servizos sanitarios tan só puideron confirmar o seu falecemento.

Fonte-AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos