- Cargando las noticias de última hora...
Cae unha ambulancia ao río en Touro con cinco persoas no seu interior
Publicada: 01/10/2019
Email Facebook Twitter Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo
Tempo de lectura: 1 minuto e 13 segundos.
Cinco persoas precisaron asistencia médica despois de que a ambulancia na que circulaban caese ao río en Touro, á altura de Bendaña. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, todas elas estaban accesibles tras o sinistro.
O accidente ocorreu uns minutos antes das 7:15 horas. Nese momento, unha persoa particular contactou co 112 Galicia para alertar do ocorrido.
Acto seguido, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Deza e de Arzúa, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Vila de Cruces e de Touro.
Segundo se lle indicou ao CIAE 112 Galicia, as cinco persoas implicadas no accidente foron trasladadas ao Hospital Clínico Universitario de Santiago.
Fonte-AXEGA 112
Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:
Pódeche interesar...
I Festival Contra el Cáncer en Cee a beneficio de la AECC
El próximo sábado, día 7 de diciembre, el Auditorio Baldomero Cores, 20:00 horas (Casa de Cultura de Cee), acogerá la celebración de la primera edición del I Festival Solidario Contra el Cáncer, que tendrá una ap…
Ler máisLa Deputación destina 1,1 millones de euros a la mejora de la red viaria de Dumbría, Outes y Pontedeume
Manuel Sambade. La inversión permitirá la finalización de los trabajos de mejora de la seguridad vial en la zona de Salgueiros, en Dumbría. En el último pleno de Deputación de A Coruña se acordó, po…
Ler máisDous feridos nun accidente en Baio
Por outra banda, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, ás 11:30 horas tamén desta mañá, era informado dun accidente no concello coruñés de Zas e no cal outras dúas persoas resultaro…
Ler máis