7.1 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Un home recibe axuda para saír dun cantil ao que caeu mentres realizaba a Ruta dos Faros

Un home caeu por un cantil cando percorría parte da Ruta dos Faros, ao paso polo concello coruñés de Ponteceso.Por fortuna, a rápida intervención dos servizos de emerxencias e doutros sendeiristas que se atopan no lugar impediu que o home continuase descendendo polo desnivel.

Todo comezou pouco antes das once desta mañá cando varias persoas chamaron ao 112 Galicia para solicitar o rescate dun home que caera por un acantilado preto da Praia da Barda. Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia activou un operativo formado por un equipo médicos e efectivos da Policía Local e do GES da localidade.

Tamén foron informados os Bombeiros de Carballo, pero a axuda doutros sendeiristas, axentes da Policía Local e profesionais sanitarios fixo innecesaria a súa intervención ao pórse a salvo o afectado. Con todo, foi evacuado nunha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ata o centro de saúde para ser atendido dalgunhas mazaduras.

Fonte- AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos