7.5 C
Santa Comba
lunes, marzo 25, 2024

Rescate dunha persoa en Muxía

O rescate dun home illado nunha zona rochosa obrigou a mobilizar recursos por mar e terra en Muxía.Sucedeu á última hora da tarde de onte na contorna da Furna do Andaluz, a onde a persoa chegou andando.

Ante as dificultades para volver, o afectado, de fala francesa, púxose en contacto co 112 Galicia para pedir axuda. Así, activouse un operativo no que participaron equipos de Salvamento Marítimo e Protección Civil da localidade, que, finalmente, foron quen de acceder á zona cunha embarcación e trasladar ao home ao porto deportivo en perfecto estado de saúde.

Deste xeito, o equipo de Salvamento Marítimo, que xa se dirixía á zona a bordo de Helimer, descartou a súa intervención e voltaron á base.Tamén foron informados os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, mais a persoa rexeitou asistencia debido a que, tal e como indicou, atopábase perfectamente e simplemente necesitaba axuda para saír da furna.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos