2.9 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Trasladada unha mulller que foi reanimada na praia de Baldaio

Unha muller que avistaron flotando na auga, na praia de Pedra do Sal, en Baldaio, Carballo, foi evacuada en helicóptero polos servizos sanitarios de urxencia.

A escasos minutos das 19:00 horas desta tarde, un particular informaba ao 112 Galicia dunha persoa flotando na auga. Nese intre, outro particular indicaba que as persoas que se atopaban na praia conseguiran levala á area e reanimala.De inmediato, desde o 112 púxose en alerta ao 061-Urxencias Sanitarias que mobilizou un helicóptero ao punto. Ademais, os xestores do 112 alertaron aos efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil de Carballo e aos axentes da Garda Civil e da Policía Local. Tamén informaron ao Servizo de Salvamento Marítimo e ao Servizo de GardaCostas de Galicia.Persoal sanitario confirmou o traslado da muller no helicóptero ao Hospital Juan Canalejo da Coruña.

Fonte-axega 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos