9.8 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Trasladadas tres persoas tras un incendio na súa vivenda en Coristanco

Tres persoas tiveron que ser evacuadas tras un incendio na súa vivenda na localidade coristanquesa de San Xusto, causado polo mal funcionamento dun lavalouzas.A chamada dunha persoa particular ao redor das 3:30 horas da madrugada de hoxe alertou aos xestores do 112 Galicia acerca do ocorrido. Segundo o seu relato, vía saír lume dende a casa unifamiliar e o fume producido impedía a que os moradores puidesen abandonar a vivenda.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, pasouse aviso aos servizos sanitarios, aos Bombeiros de Bergantiños e de Arteixo, ao GES de Ponteceso, á Garda Civil e aos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Unha vez sufocado o lume, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento informaron que ardeu o lavalouzas. Un dos habitantes da casa puido saír por unha das ventás, pero foi preciso a intervención dos Bombeiros para o desaloxo das outras tres persoas que se encontraban dentro do inmóbel no momento do incendio.

En total, dúas mulleres foron trasladadas ao centro hospitalario de referencia por inhalación de fume e un rapaz tivo que ser evacuado a causa de cortes causados polos cristais rotos dunha porta.

Fonte Axega 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos