10 C
Santa Comba
domingo, abril 7, 2024

Ferido un home en Carballo ao caer co tractor que manexaba por un terraplén

Un home resultou ferido en Carballo tras caer co tractor que conducía por un terraplén.O accidente ocorreu nunha finca da súa propiedade, en A Vixoteira, Rús. Ao redor das 16:30 horas deste sábado, unha persoa particular alertaba do suceso ao 112 Galicia. Indicaba que o home estaba baixo a máquina agrícola pero que tiña mobilidade.

A partir de aí, desde o 112 informouse decontado ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Carballo, Garda Civil, Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Tras chegar ao punto, os servizos de emerxencia alí desprazados confirmaron que non foi preciso o uso do material de excarceración para liberar ao ferido que foi evacuado polos servizos sanitarios.

Fonte-Axega 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos