11.5 C
Santa Comba
viernes, abril 12, 2024

Un matrimonio trasladado por inhalación de fume despois de producirse un incendio na súa vivenda en Carballo

Un matrimonio foi trasladado esta tarde ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña por inhalación de fume ao producirse un incendio na súa vivenda situada na Rúa Estrella, en Carballo.

Todo parece indicar que o lume iniciouse na cociña da vivenda cando a muller se atopaba cociñando. Ademais, por mor da calor, varias fiestras caeron a un patio interior do inmoble. Os Bombeiros de Carballo que acudiron ao lugar nada mais ser alertados polo 112 Galicia indicaron que cando chegaron, as lapas estaban a medio extinguir, grazas á intervención dos axentes da Policía Local e dos veciños que se axudaron de extintores para tratar de apagalo. Así, tras terminar de sufocar e ventilar a vivenda, confirmaron que unicamente se viu afectada polo fume provocado polo incendio e polo po dos extintores, unha terraza, as escaleiras e o interior do quinto piso do edificio.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia recibiu á alerta sobre as 15:15 horas desta tarde, a través da Policía Local. Indicaban que moita xente lles estaba chamando por un incendio nun piso. Tamén, varios veciños do edificio do lado chamaron ao 112 Galicia para pedir axuda, así como, o persoal do 061- Urxencias Sanitarias indicaba que un médico e unha ambulancia se dirixía ao domicilio.Os xestores do 112 Galicia ademais de informar aos Bombeiros tamén puxeron os feitos en coñecemento dos efectivos de Protección Civil da localidade.

Fonte- Axega 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos