7.1 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

A Deputación licita a mellora da ponte de Xabarido

A Deputación da Coruña inicio o proceso de licitación das obras de reconstrución e ampliación da ponte de Xabarido, na estrada provincial DP 1405, que conecta os concellos de Cabana de Bergantiños e Ponteceso sobre o río Anllóns. O orzamento dos traballos ascende a 568.450 euros. As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 3 de setembro.

Segundo explica o goberno provincial «A nova ponte contará con dous vanos de 14 e 22 metros e pasará da actual calzada de 6 metros de ancho (que se estreita ata só 3 metros nas zonas de viaducto) a unha plataforma de 10 metros de ancho en todo o traxecto».

Deste xeito eliminarase «un punto negro» do tráfico na comarca.O alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, manifestou a súa satisfacción e agradeceu o compromiso da Deputación para «arranxar un problema de infraestruturas importante» e «facer realidade unha obra moi demandada polos veciños de Ponteceso e Cabana», .

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos