18.3 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

Unha persoa, ferida grave tras ser atropelada por un vehículo que continuou a marcha

Unha persoa resultou ferida grave tras ser alcanzada por un vehículo que continuou a marcha en Vimianzo.O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ás 6:10 horas de hoxe mediante a chamada de alerta dos servizos sanitarios de urxencia que informaban dunha persoa atropelada á altura do cruce en dirección a Camariñas. Segundo indicaban, o peón presentaba lesións graves e sinalaban que o vehículo implicado no accidente continuara a marcha.

Deste xeito, desde o 112 Galicia, avisouse aos axentes da Garda Civil de Tráfico, que enviaron unha dotación ao punto co fin de recabar máis información sobre o sinistro.

Información de Axega 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos