7.3 C
Santa Comba
domingo, marzo 24, 2024

Falece o condutor dun turismo despois de envorcar en Coristanco

Un condutor faleceu esta mañá despois de envorcar co seu turismo no termo municipal coruñés de Coristanco, á altura do Carrizal. Ademais, foi precisa a intervención dos bombeiros para excarcerar á vítima, tras quedar atrapada no interior do vehículo que conducía.

Ao fío das 07:00 horas, un persoa particular informaba ao 112 Galicia dun vehículo envorcado, na estrada que une Agualada con Carballo, non aseguraba o número de ocupantes que viaxaban no turismo pero si indicaban que era precisa a intervención dos Bombeiros.

Así, dende o CIAE alertouse decontado ao 061-Urxencias Sanitarias, Bombeiros de Carballo e á Garda Civil de Tráfico. Do mesmo xeito, foron informados os efectivos de Protección Civil da localidade e os membros do GES de Ponteceso, que nada mais chegar ao punto confirmaron que unicamente, a vítima, viaxaba no turismo.

Fonte-Axega 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos