9.8 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

O equipo de drons da AXEGA colabora coa Garda Civil na busca dunha muller desparecida en Tordoia

O equipo de drons da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) colabora cos axentes da Garda Civil na busca dunha muller desaparecida onte en Tordoia.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, a muller, de 79 anos de idade, complexión forte e estatura media, saíu onte da súa casa, situada no lugar de Pontepedra, e foi vista por última vez arredor das seis da tarde por un veciño.

Ao ver que non volvía á casa, a familia pediu axuda a través da Policía Local de Tordoia. Tras a chamada dos axentes ao 112 Galicia, mandouse aviso á Garda Civil para activar decontado o operativo de busca, ao que se foron incorporando membros de Protección Civil de Padrón con cans de rescate e, esta mañá, o equipo de drons da AXEGA.

Arestora, os técnicos da Axencia Galega de Emerxencias actúan xa coas aeronaves non tripuladas nunha zona comprendida entre os lugares de Vilar de Castrillón, Seixán, Tañe, Balsa e Salgueira

Fonte- AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos