7.9 C
Santa Comba
lunes, marzo 25, 2024

Un vehículo sáese da vía en Carballo e resultan feridas dúas persoas

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta madrugada a dúas persoas que resultaron feridas tras saírse da vía o vehículo no que viaxaban en Carballo.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o sinistro produciuse ás 3:50 horas de hoxe na DP-1914, á altura da parroquia de Ardaña. Como consecuencia do impacto, dúas persoas, condutor e acompañante, necesitaron asistencia médica, polo que foron evacuadas por unha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias.

Ademais, tivo que intervir o persoal de limpeza e mantemento da Deputación a causa dos danos provocados polo accidente na vía.

Información de Axega 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos