16.5 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

Guía para peregrinos en Neda

«Para un pouco no Camiño» é unha iniciativa do Concello de Neda para tratar de aproveitar, con fins turísticos e promocionais do territorio, a presenza dos 5.000 peregrinos que ao longo do ano pasan polo municipio. Trátase dunha guía da que inicialmente se editarán uns 3.000 exemplares que principalmente serán distribuídos entre a Casa do Concello e o albergue de peregrinos, situado no paseo marítimo.

A guía está editada en galego, castelán e inglés. Na publicación, presentada hoxe polo alcalde, Ángel Alvariño Saavedra, e máis a concelleira de Cultura, Cristina Bouza Bellón, están recollidos desde os locais de hostalería situados ao longo dos catro quilómetros do tramo do Camiño Inglés que discorre por Neda, ata unha pequena reseña da Festa do Pan, as características do mirador de Ancos e mesmo do casco histórico.

A ruta dos muíños, teléfonos de interese e tendas de alimentación son outras das referencias recollidas nunha guía que terá continuidade coa edición doutra posterior na que xa figurarán a maioría dos negocios de hostalería existentes en Neda. Cristina Bouza Bellón, ademais de subliñar este dato, explicou que das 5.000 persoas que chegan ao municipio a través do Camiño Inglés máis da metade queda a durmir no municipio, de aí a importancia de informalos das posibilidades que teñen de pasar a tarde coñecendo o casco histórico, precorrendo a ruta do Belelle ou ceando nalgún establecemento de hostalería.

A concelleira explicou que a campaña tamén dará lugar á instalación dunha placa de metacrilato nos negocios que figuran na guía e adiantou que cara aos póximos meses está prevista a instalacións duns paneis informativos para dar a coñecer o patrimonio local. A torre do reloxo e o cruceiro de San Nicolás estarían entre outros posibles lugares de interese. O alcalde explicou que do que se trata «é de traer xente a Neda para que poidan gozar e compartir lugares tan fermosos como poden ser o mirador de Ancos ou a rúa Real», ademais de facer o máis agradable posible a estancia dos peregrinos no municipio.

Nota de prensa do concello de Neda

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos