5.4 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Solpor inaugura un punto de información na capital de Galicia

A asociación de empresarios do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía «Solpor» xa conta cun punto de información, ubicado nas oficinas de Viaxes Viloria en Santiago de Compostela.

O acto de inauguración contou coa presencia do xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, o deputado de turismo da Deputación, Xosé Regueira, o presidente de Solpor, Jesús Picallo, e os propietarios da Viaxes Viloria, entre outros.

Deste xeito preténdese dar resposta a unha demanda que había en moitos pelegríns que solicitaban información sobre a prolongación xacobea cara a Costa da Morte. A partir de agora, nas oficinas de Viaxes Viloria na zona vella de Santiago, entregarase de balde o mapa e a credencial promovida por Solpor.Agardan poder conseguir a impresión de 100.000 credenciais durante este ano 2018.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos