6.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Novas áreas de ocio en Mazaricos

A Deputación da Coruña vén de aprobar dous proxectos do Plan Único para Mazaricos. A inversión será de 125.000€ que se destinarán para dúas áreas de ocio na Gueima e Ponteolveira. Tamén se inclúen varias actuacións de reparación en infraestruturas viarias de Colúns, Corzón e Eirón.

O alcalde, Juan José Blanco Riveiro explicou que a corporación continúa co seu «compromiso coas melloras de camiños do Concello, o 80% das inversión do POS van para este tipo de viarios». O mandatario engadiu que «as áreas de ocio son un avance máis na mellora do camiño de Santiago, que se suma ás obras acometidas en Lago, a área do Monte Aro e a necrópole de Pedras Miúdas». Blanco tamén quixo subliñar que «sen as aportacións da Deputación sería imposible manter os camiños».

Na Gueima e Ponteolveira instalaranse dous parques en terreo municipais con merendeiros. Por outra banda, na Gueima tamén se plantarán carballos e outras especias de árbores autóctonas.Na estrada de Cives a Colúns substituirase un muro de contención á altura do cemiterio. Por outra banda, no cruce con Santa María do vial de San Fins, eliminarase un desnivel para mellorar a seguridade . Do mesmo xeito, no campo da festa de Corzón baixarase un talude para facer unha senda peonil.

Fonte- Concello de Mazaricos

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos