6.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Neda ultima a cesión do Centro de Saúde

Nun prazo de tres meses, o Concello de Neda terá completados os trámites para a cesión do centro de saúde á Xunta, unha iniciativa que, segundo o alcalde, Ángel Alvariño Saavedra, «representará un aforro moi importante para as arcas municipais». O equipo de goberno leva xa algún tempo traballando para que sexa a Consellería de Sanidade e non o Concello a administración que asuma os gastos derivados do mantemento dun servizo de competencia autonómica.

O Concello de Neda baseouse no acordo asinado no seu día entre a Fegamp e a Xunta de Galicia para iniciar a demanda. Os últimos pasos pasan pola inscrición do soar como ben patrimonial no rexistro da propiedade, facer unha valoración económica dos gastos e acometer a modificación da ordenanza reguladora do IBI para eximilo deste imposto cando sexa un ben de titularidade autonómica. Desde o Concello faise constar que o devandito cambio non vai influír nin na calidade do servizo nin nas prestacións que agora existen, só obedece, segundo se apunta, á necesidade de deixar de pagar desde as pequenas reparacións ata as obras necesarias para manter nas mellores condicións o edificio e mesmo o servizo.

Estas premisas foron xa as que levaron no ano 2008 ao Concello de Neda a investir case 80.000 euros na ampliación do centro e máis recentemente, no ano 2015, a reparar o tellado a fin de evitar as humidades que xeraba unha cuberta pouco adecuada para un clima chuvioso.

Fonte- Nota de prensa concello de Neda

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos