Entroido en Coristanco 2018
Publicada: 08/02/2018
Email Facebook Twitter Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo
Tempo de lectura: 1 minuto e 12 segundos.
O punto de ocio infantil do concello de Coristanco acolle desde o pasado luns e ata o vindeiro 16 de febreiro distintos obradoiros de máscaras, disfraces e maquillaxe.
Na programación municipal tamén se inclúe unha Festa do Entroido para a terceira idade, prevista para o vindeiro sábado 10 de febreiro, a partir das 18h na Casa da Cultura con animación, baile e unha degustación (19,30h) de doces e produtos típicos destas datas. Haberá un sorteo de dous “cocidos” entre os asistentes.
Tamén haberá unha Festa Infantil de Entroido que terá lugar o vindeiro luns 12 de febreiro desde as 16,30h na Casa da Cultura, con baile, música, xogos, animación, obradoiros para todas as idades, desfile e sorteo de agasallos.
Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:
Pódeche interesar...
Importante premio para o Barrié xalleiro
O CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba veu recoñecido o seu traballo na promoción dos hábitos saudables, xa que acaba de recibir un dos premios do Deporte Galego 2017, que concede a Secretaría Xeral para o Deporte …
Ler máisPresentación da agrupación de Compromiso en Negreira
A agrupación local de Compromiso por Galicia en Negreira preséntase o vindeiro domingo, ás 12,30h, nun acto que se desenvolverá no Teleclube de San Vicente de Aro. Intervirá o presidente do partido, Xoán Bascuas…
Ler máisFerido un operario tras caerlle unha árbore encima na Baña
Un home sufriu lesións de diversa consideración tras caerlle enriba unha árbore mentres traballaba no lugar de Cantalarrana, na Baña. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o accidente produciuse pasada…
Ler máis