Mazaricos licita a limpeza de edificios municipais
Publicada: 07/02/2018
Email Facebook Twitter Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo
Tempo de lectura: 52 segundos.
O concello de Mazaricos convoca o concurso para o servizo de conserxería e limpeza do CPI da Picota e o CEIP de San Cosme de Antes e a limpeza do CEIP de Pino do Val, da gardería e do ximnasio municipal.
O orzamento base de licitación é de 111.000 euros (ive incluído) e a duración do contrato será por un ano coa posibilidade dunha prórroga por outro. O procedemento é de carácter aberto e o prazo de presentación de ofertas é de quince días naturais.
Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:
Pódeche interesar...
Importante premio para o Barrié xalleiro
O CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba veu recoñecido o seu traballo na promoción dos hábitos saudables, xa que acaba de recibir un dos premios do Deporte Galego 2017, que concede a Secretaría Xeral para o Deporte …
Ler máisPresentación da agrupación de Compromiso en Negreira
A agrupación local de Compromiso por Galicia en Negreira preséntase o vindeiro domingo, ás 12,30h, nun acto que se desenvolverá no Teleclube de San Vicente de Aro. Intervirá o presidente do partido, Xoán Bascuas…
Ler máisFerido un operario tras caerlle unha árbore encima na Baña
Un home sufriu lesións de diversa consideración tras caerlle enriba unha árbore mentres traballaba no lugar de Cantalarrana, na Baña. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o accidente produciuse pasada…
Ler máis