10.9 C
Santa Comba
viernes, abril 12, 2024

Mazaricos en Fitur 2018

O Concello de Mazaricos terá unha apretada axenda en Fitur, a feira de turismo de referencia no Estado Español. Ademais de diversas xuntanzas ao longo da semana, o xoves dará un fam trip para dar a coñecer aos touroperadores os recursos do Concello e a súa gastronomía. Acompañarano diversas persoas pertencentes á Asociación de Hostaleiros do municipio.

O alcalde, Juan José Blanco Riveiro explicou que «é un xeito de que os axentes de turismo coñezan dun xeito máis próximo todas as potencialidades do noso Concello e tamén de establecer lazos con eles para a promoción de Mazaricos». «Temos riqueza natural, patrimonial, paisaxística e gastronómica, o Camiño de Santiago, unha área con todos os servizos na Picota e, cada vez máis, unha boa oferta hostaleira», engadiu.

O presidente dos hostaleiros, Jorge Jurjo sinalou que «Mazaricos ten a cualidade de ter turismo de montaña e de praia, algo ao que os touroperadores lle dan moita importancia. Por outra banda, Blanco Riveiro tamén terá que atender outras cuestións no seu cargo de presidente da Asociación de Turismo da Costa da Morte, CMAT.

Fonte- Concello de Mazaricos

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos