10.9 C
Santa Comba
viernes, abril 12, 2024

A Laracha amplía a rede de abastecemento de auga en Fragoso e Groba

O Concello da Laracha financia integramente con fondos propios municipais o proxecto de ampliación da rede de abastecemento de auga que ten por obxecto dotar con este servizo aos núcleos de Fragoso e Groba, ambos na parroquia de Golmar.

As obras, que están en fase de execución, consisten na instalación da nova tubaxe ao longo dunha distancia lineal de 894 metros para posibilitar que todas as vivendas desa zona rural, nas que residen corenta persoas, teñan a opción de conectarse á rede xeral do subministro de auga. Neste proxecto o Concello da Laracha investirá máis de 25.000 euros procedentes integramente de fondos propios municipais.

O alcalde, José Manuel López Varela, e o edil de Obras, Jesús Souto, desprazáronse ata Groba para coñecer persoalmente o desenvolvemento dos traballos, aproveitando a ocasión para reunirse cos veciños da zona.

A ampliación das redes de abastecemento de auga e, por tanto, o aumento na cobertura do servizo nas parroquias, son actuacións que se desenvolven con certa frecuencia no Concello da Laracha por ser considerados polo goberno municipal investimentos prioritarios. O obxectivo é mellorar a calidade de vida dos veciños residentes na zona rural, na que existen máis de trescentos núcleos de poboación.

Fonte- Concello da Laracha

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos