O voceiro de Compromiso por Galicia no concello da Baña, César Ramos, presentou unha moción no rexistro municipal para solicitar a modificación do Real Decreto «para que concedan a prestación aos nenos e nenas que precisen do coidado dos seus proxenitores por motivo de enfermidade, figure ou non nese listado que especifica o Real Decreto».
Os galeguistas tamén demandan que se organice unha campaña de sensibilización con motivo do día mundial das enfermidades raras que se celebrará o vindeiro 28 de febreiro. Ademáis piden que se apoie desde o concello da Baña todas as iniciativas de apoio relacionadas con esta problemática.