6.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Faleceu o condutor dun turismo que se saíu da vía na Laracha

O condutor dun turismo resultou falecido despois de saíuse da vía o vehículo que conducía no lugar de Requesende, no concello coruñés de Laracha.O vehículo accidentado foi localizado na estrada que enlaza A Laracha con Cerceda ás 9:30 horas desta mañá, pero descoñécese o momento exacto no que se produciu o sinistro.

Foi un particular quen deu co condutor falecido á beira do vehículo sinistrado e chamou ao 112 Galicia.A partir de aí, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia activou un operativo no que participaron os efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Carballo, aínda que, como indicamos, a persoa estaba fóra do coche, o que fai sospeitar que puido saír despedida.Tamén se achegaron os axentes da Garda Civil de Tráfico e os profesionais de Urxencias Sanitarias, que só puideron certificar a morte do condutor.

Info- Axega 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos