6.7 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Unha colisión frontal sáldase con catro persoas feridas, unha delas atrapada, en Carballo

Os Bombeiros de Carballo excarceraron onte a unha persoa atrapada no interior dunha furgoneta despois de colidir frontalmente contra un turismo, en Carballo. Ademais da persoa que tivo que ser liberada, outras tres persoas tamén resultaron feridas.

O accidente tivo lugar sobre as 20:00 horas deste luns, na AC-552, no punto quilométrico 26. Despois de recibir a chamada de varios particulares que pedían axuda, o 112 Galicia alertou ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros de Carballo que, axiña se desprazaron ao punto. Así mesmo, informouse da situación á Garda Civil de Tráfico, aos membros de Protección Civil da localidade e ao persoal do servizo de mantemento da estrada.

Tras ser liberado o condutor da furgoneta, os catro feridos foron evacuados en distintas ambulancias polo persoal sanitario ao centro hospitalario de referencia.

Fonte-Axega 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos