10.1 C
Santa Comba
sábado, abril 6, 2024

Trasladado un operario ao caer dun tellado en Malpica de Bergantiños

Accidente laboral en Malpica de Bergantiños. Un operario que se atopaba traballando no tellado dunha casa tivo que ser trasladado ata o Hospital da Coruña despois de caer ao chan. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o traballador precipitouse dende unha altura de dous metros.

Foi un particular quen alertou ao 112 Galicia do ocorrido ás 17:05 horas. Indicaba no seu relato que a persoa estaba consciente, pero tiña dor nas costas.

Dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia púxose, de inmediato, a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil e de Protección Civil.

Fonte-Axega 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos