12.6 C
Santa Comba
domingo, marzo 24, 2024

Liberado un condutor tras saírse da vía en Santa Comba

Os Bombeiros de Santa Comba liberaron esta madrugada a un condutor atrapado no interior do vehículo que conducía.

A escasos minutos das 04:00 horas desta noite, un particular chamaba ao 112 Galicia para pedir axuda. Informaba dunha saída de vía dun turismo que circulaba pola estrada que une as localidades coruñesas de Santa Comba e Negreira, concretamente, ao pasar o Polígono de Santa Comba.

Tras indicar que a persoa estaba ferida e atrapada no interior do turismo, dende o 112 Galicia, de inmediato, alertouse a Urxencias Médicas e aos membros do parque comarcal. Tamén, dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 solicitouse a colaboración dos axentes de Tráfico e de Protección Civil da localidade.

Unha vez liberada, a persoa foi evacuada polo persoal sanitario ao centro hospitalario de referencia.

Fonte-AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos